Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Idioma Moderno: Francés |
Avaliación |

Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno: Francés | Código | 613G03016 | |||||||||||
Titulación |

Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||

Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 | Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora). Inclúe a valoración da asistencia ás aulas. Ver: Observacións avaliación. |
30 |
Proba oral | A8 B3 B6 B7 B8 C2 | Proba oral que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre. Ver: Observacións avaliación. |
12 |
Proba obxectiva | A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 | Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre. Ver: Observacións avaliación. |
42 |
Discusión dirixida | A8 A10 A15 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 | Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral). Inclúe a valoración da asistencia ás aulas. Ver: Observacións avaliación. |
16 |
Observacións avaliación | |||

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

O alumnado ten dúas oportunidades para superar a materia: a primeira ao remate do primeiro cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.

1. Avaliación da primeira oportunidade:

1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico, a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.

A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e aprobar (5) unha proba oral final na que se avaliarán a expresión, a comprensión e a interacción oral.

A profesora comunicará en Moodle coa suficiente antelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas á realización da proba oral.

1.3. É obrigatorio realizar ao longo do cuadrimestre un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados en dous bloques:

Bloque A ["Solución de problemas"]: actividades de práctica dos contidos gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.

Bloque B ["Discusión dirixida"]: actividades de práctica da produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico).

Ademáis das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnado deberá realizar unha tarefa non presencial.

Agás causa debidamente xustificada e sempre coa autorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.

Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade, o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10 en cada bloque.

1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

a. Un 45% valorará o exame escrito, coas seguintes porcentaxes:

Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita, comprensión lectora: 35%

Comprensión auditiva: 10%

b. Un 15% valorará a proba oral.

c. Un 40% valorará as actividades de avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:

Bloque A: actividades de gramática, léxico, expresión escrita e comprensión lectora: 25%

Bloque B: actividades de produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico): 15%

A materia considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación. Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda.

Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

2. Avaliación da segunda oportunidade:

2.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.

A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.

A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente antelación.

2.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas.

A profesora fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de solicitude e entrega...).

Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.

3. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita (nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre 10; 30% da nota final).

Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.

4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.

5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,
previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as
actividades de avaliación continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no apartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes.
Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do alumnado.

Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.

6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás
indicación expresa da profesora) e persoal. A realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías avaliables.

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.

Segundo as distintas normativas que regulan as ensinanzas universitarias, cómpre incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e o fomento da participación de todo o alumnado na clase, independentemente do seu xénero.

Prestaremos especial atención en identificar e abordar os prexuízos e as actitudes sexistas. Traballaremos activamente para cambiar este entorno e promover valores de respecto e igualdade.

Os nosos esforzos centraranse na detección de casos de discriminación de xénero e na posta en marcha das accións oportunas para corrixir estes casos.