Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Gramática Inglesa |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Gramática Inglesa | Código | 613G03025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A18 B1 B5 B6 B7 B10 | O alumnado realizará un traballo ao longo do curso. Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. | 20 |
Presentación oral | A18 B1 B2 B5 B6 | Levarase a cabo unha presentación oral sobre un tema de gramática cun enfoque didáctico. Ademais dos contidos e a orixinalidade, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. |
20 |
Proba mixta | A1 A11 A18 B1 B5 B6 | Realizaranse dúas probas parciais ao longo do curso OU unha proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio presentarse á proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. | 60 |
Observacións avaliación | |||
IMPORTANTE Para superar a materia, a suma da proba mixta, o traballo tutelado e a presentación oral deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima de cada unha desas partes deberá ser de 4 puntos sobre 10. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días). As actividades extraordinarias ("extra-credit") que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas, participación voluntaria en foros ou calquera outra actividade voluntaria proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado. Os/as alumnos/as que non se presenten o día das probas mixtas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron o traballo tutelado ou a presentación oral. As datas do traballo tutelado, a presentación e as probas mixtas parciais ou finais serán anunciadas con moita anticipación. OPORTUNIDADE DE XULLO:
Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: entrega dun traballo tutelado (20%), exposición oral (20%) e e proba mixta sobre os contidos do curso (60%). O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo. Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). Igualdade de xénero: Nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores y de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas por igual. Do mesmo xeito, procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|