Queda expresamente prohibido
o uso de dispositivos móbiles na aula sen autorización previa.
Recomendacións
para o correcto seguimento da materia
- O alumnado deberá planificar o seu traballo ao longo de todo o curso
seguindo a materia de forma continuada e realizando as tarefas indicadas
en tempo e forma correctas.
- O esforzo continuo permitiralle levar a materia de forma cómoda,
consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e asumir un
ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do profesor.
- O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo co temario e
actividades que se desenvolvan na aula.
- Recoméndase un mínimo de 4 horas de traballo autónomo por cada 3 horas
presenciais.
- Dada a complexidade do idioma alemá para alumnos/as hispanofalantes
recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e estudo dos
conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a final de
curso.
- Recomendase a asistencia á titorías personalizadas ao longo do curso
para resolver problemas ou dúbidas individuais.
Espérase do
alumnado:
• Activa e regular
asistencia e participación na aula.
• Traballo constante e
preparación previa e posterior das clases.
• Lectura da
bibliografía recomendada.
Medidas
de apoio á diversidade (ADI)
A materia poderá ser
adaptada ao estudantado que requirida adopción de medidas encamiñadas ao apoio
á diversidade.
Poderán pedir asesoramento
ao profesorado, á persoa responsable da Facultade e/ou á Unidade de
Atención á Diversidade(ADI): http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622;
email: adi@udc.es).
Deberán contactar cos
servizos dispoñibles nos prazos oficiais estipulados
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).
Normativa
en materia de igualdade
Da cordo coa normativa en materia de igualdade,
nesta materia aplícase a perspectiva de xénero mediante linguaxe non sexista e
inclusivo, bibliografía de autores/as de ambos os sexos, etc. Así mesmo
fomentaranse valores de respecto e igualdade e en caso de detectarse situacións
de discriminación por razón de xénero, adoptaranse as accións e medidas
necesarias para corrixilas |