O desenvolvemento dos contidos da materia realizarase tendo en conta que as competencias a adquirir polo alumnado deben cumprir co nivel MECES3. Neste sentido, todos os contidos da materia estudaranse dunha maneira exhaustiva, presentando todas as ferramentas estatísticas para o control estatístico da calidade de maneira rigorosa, incluíndo aquelas técnicas multivariantes e funcionais que representan as novas tendencias neste ámbito, de aplicación para a resolución de problemas no marco da Industria 4.0. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o indicado nas respectivas normativas das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas. Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas. Esta guía e os criterios e metodoloxías nela descritos están suxeitos ás modificacións que se deriven de normativas e directrices das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas. 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
-Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural.
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase
linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos,
propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase
na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse
accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria. |