Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde |
Asignaturas |
Intelixencia computacional para bioinformática |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Intelixencia computacional para bioinformática | Código | 614522012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A2 A3 A4 A6 B2 C3 | Prácticas en grupo de realización OBRIGATORIA que abordarán cada un dos temas da materia. Son OBRIGATORIAS para poder aprobar e inflúen na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúan á marxe deste. |
0 |
Traballos tutelados | A2 A3 A4 A6 B1 B2 B3 B6 C3 C6 | Traballo en grupo de realización OBRIGATORIA que abordará cada un dos temas da materia. Realizarase en diversas fases ao longo do curso e supón unha avaliación completa e continua sobre todos os aspectos teóricos e prácticos da materia. Inclúe tamén un seguimento de participación activa por parte do alumnado. Algún dos traballos podería plantexarse como de realización voluntaria e individual. As condicións e contido concreto detallaranse durante o curso. Dada a relación direita co contido das prácticas a nota deste apartado inclúe a avaliación das mesmas. Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 5 neste apartado. |
100 |
Presentación oral | B3 C1 C6 | Poderanse establecer sesións de presentación e discusión dos detalles dos traballos tutelados (e as prácticas), os resultados obtidos e as conclusións extraídas. Nese caso, É OBRIGATORIA a realización da presentación para poder aprobar e inflúe na cualificación final do traballo tutelado, pero non se puntúa á marxe deste. |
0 |
Observacións avaliación | |||
OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA ASIGNATURA A asistencia regular ás clases prácticas, a entrega das mesmas e a súa presentación nas datas e horarios indicados, son condicións obrigatorias para aprobar a materia. Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo Nas actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. * Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.
O alumnado considerase presentado nunha convocatoria se fai entrega dalgunha das actividades de avaliación. Avaliación na segunda oportunidade Dado que a superación da materia se centra na superación dos traballos tutelados, para a segunda oportunidade só será posible reentregar e presentar os traballos que recibisen a cualificación de SUSPENSO ou NON PRESENTADO na primeira oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña a tal fin. En canto aos criterios de avaliación, a segunda oportunidade estará sometida aos mesmos que a primeira. Avaliación no caso da convocatoria adiantada No caso de que o alumnado solicite e asista á convocatoria adiantada, o 100% da súa nota corresponderá cos traballos tutelados. A entrega realizarase como data límite dous días antes do exame oficial da convocatoria adiantada. No caso de requerirse unha presentación ou defensa dos traballos, terá lugar o día oficial do exame. Matrícula a tempo parcial En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do alumnado comunicar a súa situación ao profesorado. |
|