Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
 Asignaturas
  Procesamento avanzado de secuencias biolóxicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A8 A9 B2 Constará dunha proba na que deben ser demostrados os coñecementos e competencias adquiridos.

Para aprobar a materia globalmente hai que obter unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 2) nesta proba. Non sendo así, a nota máxima global da materia non será en ningún caso superior a 4,0 e a materia considerarase suspensa.
20
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 B2 B8 C6 C7 Os/as estudantes deberán entregar boletíns cos resultados das prácticas realizadas ou solución aos problemas propostos. 80
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Terá calificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só poderán presentarse á segunda oportunidade aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade.

Na segunda oportunidade poderán recuperarse todas as prácticas individuais e a proba mixta. Só se poderán recuperar aquelas partes non entregadas na primeira oportunidade ou nas que non se tivese acadado un 50% da cualificación máxima. En caso de non recuperar algunha parte, conservarase a nota obtida nesa parte na primeira oportunidade. Nas partes recuperadas, perderase a nota da primeira oportunidade e a cualificación será a obtida na segunda oportunidade.

Na segunda oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade
adiantada consistirá dunha proba escrita (100% da nota final), que
recollerá os coñecementos e competencias adquiridos durante as sesións
maxistrais e as prácticas.

DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles/as  estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as
dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega
e defensa das prácticas.

FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes