Será necesario acadar unha nota igual ou superior a 5 no global da asignatura para superala. A calificación global calcularase como a media das avaliacións de cada un dos traballos tutelados.
Un/unha estudiante considerarase presentado/a nunha convocatoria se realiza a proba de avaliación dalgún traballo tutelado.
Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, poderanse volver a realizar as probas de avaliación dos traballos tutelados. Aqueles traballos para os que non se realice a proba, mantenrán a calificación obtida na primeira oportunidade.
No caso de suspender a asignatura, non se conservará a calificación de ningún dos traballos tutelados para cursos posteriores.
Matrícula con dispensa académica
Os/as estudiantes con matrícula con dispensa académica deberán realizar as probas de avaliación dos traballos tutelados nas datas establecidas. É responsabilidade de ditos/as estudiantes poñer en coñecimiento do profesor a súa circunstancia.