Cada alumno/a deberá alcanzar un mínimo de 40% da máxima
nota das partes "Prácticas de Laboratorio" e "Proba obxectiva", e en calquera caso a suma das tres partes debe ser maior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos
requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase de acordo coa menor puntuación obtida.
No caso de non obter o mínimo nas "Prácticas de laboratorio" ou "Proba obxectiva", o/a alumno/a terá unha segunda oportunidade na que só se lle esixirá a
entrega desa parte.
Non se gardarán cualificacións entre anos académicos.
As entregas das prácticas deben realizarse dentro do
prazo establecido no campus virtual, e seguirán as especificacións indicadas no
enunciado tanto para a presentación como para a defensa.
Terá a condición de “Presentado/a” quen entregue todas as
prácticas obrigatorias ou se presente á proba obxectiva no período oficial de
avaliación.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou
probas, aplicarase a Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións. En aplicación da normativa
correspondente sobre plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio de
prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación
de 0,0 en ambos os casos.