Será necesario alcanzar un 40% da puntuación en cada parte.
A cualificación será de non presentado cando non se entregue ningún traballo práctico nin exame final.
Segunda oportunidade
A
avaliación realizarase cos mesmos criterios anteriormente descritos.
Abrirase un novo prazo para a entrega dos traballos prácticos, no caso
de que non se entregaran na primeira oportunidade.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario