Prácticas de laboratorio |
A4 B1 B3 C3 C6 |
Realización obrigatoria segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Farase un seguimento periódico do desenvolvemento das prácticas ao longo do curso que influirá na nota das mesmas.
É necesario presentar todas as prácticas e obter unha nota mínima global de 4,5 sobre 10 para superar a materia.
O traballo entregado deberá ser orixinal do/a alumno/a. De acordo ao Artigo 11, Apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros/as, por obtención doutras fontes, etc.) conlevará a calificación de SUSPENSO con 0 puntos nesa convocatoria completa tanto para o grupo que presente material copiado como para o grupo que o facilitase.
|
40 |
Sobre a asistencia as clases de
prácticas.A
non asistencia de forma reiterada, poderá conlevar unha penalización na nota segundo as
condicións específicas que se detallarán ao comezo do curso. Sobre a responsabilidade
compartida dos traballos en grupo.Nas
actividades que se levan a cabo en grupos, tales como as prácticas, todos os
membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e
entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das
normas de autoría do mesmo. Sobre a nota final de actasNo caso de que non se
cumplan as condicións para o cálculo conxunto da nota entre a proba final e as
prácticas (é dicir, se algunha das dúas é inferior a 4,5 sobre 10), nas actas
figurará a nota mínima entre 4,5 e a que resulte do cálculo conxunto. Avaliación na segunda
oportunidadeA nota de exame ("Proba obxectiva") NON se mantén entre oportunidades. A
nota global de "Prácticas de laboratorio" así como do bloque de “Solución de Problemas”
manteranse para a segunda oportunidade. Soamente as prácticas calificadas con
SUSPENSO ou NON PRESENTADO na primeira oportunidade poderán entregarse na
segunda oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña para elo. En
consonancia coa normativa de avaliación da UDC, a cualificación derivada doutras
actividades desenvolvidas ao longo do curso como parte da avaliación continua
(prácticas introdutorias, seguimento de prácticas, probas en Grupos de Titoría Reducidos, etc.)
non serán recuperables para a segunda oportunidade. En
canto aos criterios de avaliación, a segunda oportunidade manterá os mesmos que
a primeira. Matrícula a tempo parcialNo
caso do estudantado con matrícula a tempo parcial elimínase a obligatoriedade
de asistencia ás clases de prácticas. Con todo, terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán durante
o curso. É responsabilidade destes/as estudantes poñer en coñecimento do/a profesor/a as súas circunstancias. Oportunidade adiantada de
decembroA
avaliación da oportunidade adiantada basearase exclusivamente nunha proba
escrita. |