O alumno rematará o período de clases cun máximo dun 40% da cualificación, que acadará mediante dous controis escritos (10% cada un) e dúas ou tres probas de avaliación das prácticas de laboratorio (20%).
Na data que estableza a Facultade na súa programación anual, o alumno realizará, por escrito, o exame final da materia, no que terá que respostar a preguntas teóricas, resolver cuestións teórico-prácticas, e calcular a solución de diversos problemas; para esta proba o alumno só poderá levar consigo o material que se autorice de maneira expresa (do tipo de bolígrafo ou calculadora).
A nota acadada o día do exame final reescalarase de maneira que o alumno teña a oportunidade de recuperar o 20% da cualificación correspondente ós controis escritos (non poderá recuperarse o 20% da nota da parte de avaliación das prácticas de laboratorio). Desta maneira, dependendo da puntuación acadada polo alumno nos dous controis escritos, a nota máxima do exame final estará comprendida entre 6 e 8 puntos (sobre 10).
Así, suposto que P é a nota total de prácticas (entre 0 e 2 puntos), C é a nota final dos controis dos temas 1 e 2 (entre 0 e 2 puntos) e F é a nota do exame final (entre 0 e 10 puntos), a calificación final da asignatura é P+C+0'1*(8-C)*F.
O día do exame final, os alumnos a tempo parcial, que non teñan sido avaliados con anterioridade da parte de prácticas de laboratorio, poderán realizar unha proba específica para recuperar o 20% da nota correspondente a dita parte.
Na segunda oportunidade, as notas obtidas por avaliación continua (os dous controls e as probas das práticas de laboratorio) mantéñense e o alumno só ten que repetir o exame final que será do mesmo tipo e co mesmo peso na nota final que na primeira convocatoria, é dicir, aplicarase a mesma fórmula para calcular la nota final, pero agora F é a nota que o alumno obtivesse no exame final da segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avialiación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia.
O sistema de avaliación no caso de dispensa académica será igual que o descrito neste apartado.