A cualificación final obtida calcularase en función da avaliación continua realizada durante o curso, que valerá uns 30% da nota, e a Proba mixta correspondente á 1ª ou a 2ª oportunidade da convocatoria, que valerá uns 70% da nota.
O alumnado en réxime de estudo a tempo parcial, en función da súa problemática particular e das posibilidades do profesorado, terán as mesmas oportunidades que o resto do alumnado para facer a avaliación continua da asignatura.
A cualificación final da oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta específica, que comprenda todos os contidos e competencias da asignatura.
En canto á comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias, con carácter xeral, aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario" da UDC. En particular, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.