É recomendable que os teñan aprobada a materia de Estatística e é conveniente que superasen outras materias con contido matemático: Algebra, Cálculo ou Matemática Discreta. Esta materia é de utilidade noutras materias da titulación. PROGRAMA GREEN CAMPUS Para axudar a conseguir unha contorna inmediata substentable os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. POLÍTICAS DE XÉNERO Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |