REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as notas obtidas nas diferentes partes da materia.
A proba mixta poderase dividir en dúas partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre.
Na segunda oportunidade poderase avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, podendo optar o estudante por facer unha de estas partes ou as dúas. Os resultados acadados nas demais partes da materia serán aqueles que
os estudantes obtiveron na primeira oportunidade de acordo coa avaliación
continua descrita na guía.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: non se realizará a avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas si será obrigatoria). As datas de entrega dos diferentes traballos e prácitcas poderá flexibilizarse. Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba escrita que se realizará o mesmo día que a proba obxectiva.
Detección de plaxios ou copia de traballos: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.