A avaliación realizarase por medio de dúas probas sobre
prácticas con R, un traballo por parellas, así como dúas probas escritas de conceptos. A primeira das probas prácticas e a primeira de conceptos realizaranse aproximadamente na metade do cuadrimestre, e corresponderán aos temas 0-2. As segundas de cada unha desas probas realizaranse o día fixado para o exame final, no mes de xaneiro de 2023. Estas segundas probas corresponderán a toda a materia do curso, mais os/as alumnos/as que se teñan presentado a cada unha das probas de metade do cuadrimestre, poderán liberarse da materia dos temas 0-2, tratando só as súas probas sobre os temas 3-4. A cualificación tanto da(s) proba(s) de
conceptos, como da(s) proba(s) sobre prácticas con R representarán o 40% da cualificación global, cada unha. O 20% restante
corresponderá ao traballo por parellas, que ten que ser presentado en público
polos alumnos, durante a segunda metade do cuadrimestre. A metade da puntuación deste traballo (10% da cualificación global) corresponde á presentación oral do mesmo.
En resumo, as ponderacións da avaliación quedarán da seguinte forma:
- Traballo práctico en parellas: 20% do total (10% resolución do exercicio práctico en R e 10% presentación oral).
- Exames de conceptos: realizaranse dous exames de conceptos (cada un con ponderación do 20% sobre o total). O primeiro exame, relacionado cos Bloques 0-2, terá lugar a metade do cuadrimestre. O segundo exame, relacionado cos Bloques 3-4, realizarase o día do exame oficial. Permítese liberar materia, de forma que os estudantes que aproben o primeiro exame parcial, xa non se examinarán dos Bloques 0-2 no exame oficial, agás que queiran subir nota. Sen embargo, os estudantes que suspendan ou non se presenten ao parcial, irán ao exame oficial con esas dúas partes, e a suma de ambas valería un 40% sobre o total.
- Exames prácticos: seguen a mesma idea que os exames de conceptos. Realizaranse dous exames prácticos (cada un con ponderación do 20% sobre o total), utilizando o software estatístico R. O primeiro exame, relacionado coas prácticas en R dos Bloques 0-2, terá lugar na metade do cuadrimestre. O segundo exame, relacionado coas prácticas en R dos Bloques 3-4, realizarase o día do exame oficial. Permítese liberar materia, de forma que os estudantes que aproben o primeiro exame parcial, xa non se examinarán das prácticas dos Bloques 0-2 no exame oficial, agás que queiran subir nota. Sen embargo, os estudantes que suspendan ou non se presenten ao parcial, irán ao exame oficial con esas dúas partes, e a suma de ambas valería un 40% sobre o total.
Para superar a materia será necesario obter unha calificación de alomenos 5 sobre 10 no conxunto da materia.
Na oportunidade de xullo os alumnos poderán liberarse de facer as probas correspondentes nas que a súa calificación na oportunidade de xaneiro fora de alomenos 4 sobre 10. A estes efectos, precísase ter alomenos un 4 sobre 10 nas probas parciais (T0-T2 ou T3-T4) ou ben na proba completa (T0-T4), tanto de teoría como de prácticas que se desexe conservar para o cálculo da calificación final.
Na primeira oportunidade (xaneiro), só os alumnos que non se
teñan presentado a ningunha das probas avaliables que figuran
arriba obterán a calificación de NON PRESENTADO. En xullo obterán a calificación de NON PRESENTADO os alumnos que non se tiveran presentado ao exame final desa data.
Se algún estudante quere facer algunha das probas nun idioma oficial específico (galego ou español), debe avisar ó profesorado alomenos 1 semana antes da correspondente proba.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.