Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Subjects
  Information Theory
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals B2 B3 B7 B9 B10 C1 A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado da entrega das prácticas e probas obxectivas. 40
Mixed objective/subjective test B3 B7 B8 Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do estudante para a solución de problemas avalíase na proba mixta final. 60
 
Assessment comments

A cualificación final obtense como a suma das notas das prácticas a través de TIC e da proba mixta.

Para aprobar a materia esíxense dúas condicións:

  1. A cualificación final debe ser maior ou igual a 5 sobre 10.
  2. A cualificación da proba mixta debe ser de polo menos 3.5 puntos sobre 10. En caso de non acadar a dita cualificación, a cualificación final dividirase por 2.

O estudantado que non concorra á prueba mixta obterá a cualificación de "non presentado".

Na segunda oportunidade e na oportunidade adiantada poderase avaliar a proba mixta e/ou as prácticas a través de TIC.

Fraude académica
na realización de probas ou actividades de avaliación
: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Estudantado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e permitirase a súa avaliación mediante unha proba mixta que se realizará na data fixada polo centro no calendario de exames.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes