Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Procesamento Paralelo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A12 B2 B4 B7 B9 B10 C1 * Todas as prácticas serán suxeitas a avaliación por parte do profesor. A avaliación pode ser individual mediante un cuestionario, ou grupal mediante unha entrega. Os grupos serán previamente formados e manteranse durante todo o curso.

* A avaliación das prácticas realizaranse en datas previamente anunciadas, ata as cales se espera que o alumnado finalice a práctica no seu tempo de traballo autónomo asociado.
________________________________________________________________________
50
Proba obxectiva A12 B2 B4 B7 B9 C1 C4 * Exame escrito realizado ao final do cuadrimestre de xeito individual.

* Avaliaranse principalmente conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.

* En menor medida tamén se incluirán preguntas sobre conceptos chave das sesións prácticas.
50
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar a materia será necesario obter:
    • un mínimo do 40% da nota máxima da proba obxectiva (2 puntos de 5).
    • un mínimo do 40% da nota máxima da parte práctica (2 puntos de 5).
  • A nota de prácticas NON É RECUPERABLE para a segunda oportunidade.
  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán asistir (previo aviso) a un grupo de prácticas distinto ao que teñan asignado.
  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial ou que dispoñan de dispensa académica poderán realizar a súa entrega máis tarde, ou no caso de que se avalíe unha práctica mediante cuestionario, poderán preacordar co profesor unha data distinta se é necesario.
  • A fin de cumprir coa lexislación actual en materia de igualdade, aplicaranse 2 medidas:
    • Os grupos de traballo formados buscarán ser paritarios
    • A avaliación dos cuestionarios de prácticas entregados inidvidualmente, así como da proba obxectiva final, serán corrixidos cun método cego que garante a anonimicidade do alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes