Proba obxectiva |
A12 B2 B4 B7 B9 C1 C4 |
* Exame escrito realizado ao final do cuadrimestre de xeito individual.
* Avaliaranse principalmente conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
* En menor medida tamén se incluirán preguntas sobre conceptos chave das sesións prácticas. |
50 |
- Para aprobar a materia será necesario obter:
- un mínimo do 40% da nota máxima da proba obxectiva (2 puntos de 5).
- un mínimo do 40% da nota máxima da parte práctica (2 puntos de 5).
- A nota de prácticas NON É RECUPERABLE para a segunda oportunidade.
- Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán asistir (previo aviso) a un grupo de prácticas distinto ao que teñan asignado.
- Os alumnos con matrícula a tempo parcial ou que dispoñan de dispensa académica poderán realizar a súa entrega máis tarde, ou no caso de que se avalíe unha práctica mediante cuestionario, poderán preacordar co profesor unha data distinta se é necesario.
- A fin de cumprir coa lexislación actual en materia de igualdade, aplicaranse 2 medidas:
- Os grupos de traballo formados buscarán ser paritarios
- A avaliación dos cuestionarios de prácticas entregados inidvidualmente, así como da proba obxectiva final, serán corrixidos cun método cego que garante a anonimicidade do alumno.
|