Laboratory practice |
A2 A3 B2 B6 B7 B8 B9 C2 C3 |
Realización e calificación segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as practicas para superar a materia |
40 |
Traballos prácticos e
solución de problemas - De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o
plaxio dos traballos levará unha nota global de NON APTO (0), tanto ao
estudante que presente material copiado como a quen o facilitase, e a
cualificación de SUSPENSO na oportunidade.
Avaliación na segunda
oportunidade
- A
nota global das prácticas
manterase para a segunda oportunidade. Soamente as prácticas calificadas con
SUSPENSO ou NON PRESENTADAS na primeira oportunidade poderán entregarse na
segunda oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña para elo.
- En
consonancia coa normativa de avaliación da UDC, a cualificación derivada doutras
actividades desenvolvidas ao longo do curso como parte da avaliación continua
(prácticas introdutorias, controis parciais de prácticas, probas en Grupos de Titoría Reducidos,etc.)
non serán recuperables para a segunda oportunidade.
Matrícula a tempo
parcial - Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que
entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.
Non presentado - Quen non concurra á proba obxectiva no período
oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP).
Plaxio ou copia de exame/prácticas*
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".
* Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023 e modificado no seu artigo 11.4.b polol Consello de Goberno do 28/06/2023
|