Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Enxeñaría do Software
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Nas prácticas de laboratorio realizaranse tanto traballos autónomos como traballos en grupo, onde o alumnado poñerá en práctica os coñecementos adquiridos na asignatura. Durante a realización destes traballos, o profesor antederá ó alumnado tanto de maneira individual como grupal para resolver calquera dúbida ou problema que o alumnado encontre na aplicación dos conceptos aprendidos.

De maneira xeral, fomentarase a participación do alumnado, tanto nas clases prácticas como nas maxistrais, co fin de que os conceptos expostos sexan entendidos polo alumnado.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes