Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Redes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B5 B7 C3 Avaliaranse as prácticas de laboratorio realizadas polo alumno ó longo do curso.
A nota de prácticas non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria extraordinaria.
30
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B7 Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia.
En caso de obter menos dun 4 (sobre 10) no exame final de teoría, a asignatura considerarase suspensa e a nota final será a obtida no exame.
Noutro caso, a nota final calcúlase a partires das notas de cada parte, proporcionalmente, e deberá ser igual ou superior a 5 (sobre 10) para aprobar a asignatura.
65
Seminario A4 A5 A6 B2 Plantexaránse unha serie de traballos/probas aos alumnos que lles permitirá afianzar os coñecementos ao longo do curso.
A nota dos seminarios non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria extraordinaria.
5
 
Observacións avaliación
As prácticas de laboratorio e os seminarios forman parte da avaliación continua da asignatura, polo que non se poderán recuperar na segunda oportunidade nin tampouco na convocatoria extraordinaria.

Ós alumnos a tempo parcial facilitaráselles a elección de horarios para prácticas.
A asistencia a clase non é requisito para aprobar a materia, ainda que si é recomendable.
Na proba obxectiva poderá haber preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación continua, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente do curso académico, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación continua de cara ó resto de convocatorias do mesmo curso académico.

Para superar a materia deberáse obter polo menos un 5 sobre 10 na suma de tódalas partes da materia (Prácticas de laboratorio + seminarios + proba obxectiva) e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes