Long answer / essay questions |
C1 C3 C5 |
A avaliación desta materia estará condicionada nun 90% da nota global á entrega dun traballo por cada unha das partes explicadas na materia.
Para superar os contidos relacionados coa inmigración en Galicia é preciso a realización dun traballo individual que consisitirá en cubrir unha ficha cunha serie de indicadores demográficos sobre a situación da poboación estranxeira nun municipio galego (a concretar coa profesora) e a análise demográfica de estos indicadores xunto dunha primeira valoración de esta situación (posibles liñas de intervención e programas a deseñar).
Para superar os contidos relacionados coa inmigración na OCDE solicitarase ao alumnado un traballo de ensaio ou de comentario de fontes de datos estatísticos, que vincule leituras e comentarios de datos.
Cada un dos traballos representará o 50% da nota final, é dicir, a suma de ambos supón un 100% da nota final da materia.
Sen embargo, queremos deixar constancia que a avaliación final será acordada e definida polo profesorado responsable buscando a mellor alternativa en cada caso. Será comunicada ao alumnado durante as sesións maxistrais e acordada co mesmo. Tamén se prantexará un prazo de entrega razonable do traballo de avaliación.
No caso de non poder acceder ou de non superar a avaliación a través da proba de ensaio, o alumnado ten dereito a realizar un exame da convocatoria oficial, de carácter presencial. |
100 |