Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Novas tecnoloxías aplicadas a destinos e produtos turísticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 A7 A10 B1 B7 C7 C3 PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

O alumnado debe presentar catro traballos.
- Avaliación dun sitio web (AW)
- Desenvolvemento dun blog (BLG)
- Desenvolvemento dun mapa (MAP)
- Exposición dunha tecnoloxía ou proxecto TIC innovador no sector turístico (TIC)

As porcentaxes adxudicadas a cada traballo en relación coa nota global son as seguintes:

- AW: 0.3
- BLG: 0.2
- MAP: 0.4
- TIC: 0.1

Para superar a materia o alumnado debe cumprir estas tres condicións:

- A nota =(AWx0.3) + (BLGx0.2) + (MAPx0.4) + (TICx0.1) debe ser de polo menos 5.
- Deberanse entregar os 4 traballos.
- A nota de cada un dos traballos debe ser como mínimo de 4 (sobre 10). Se non se cumpre esta condición, a puntuación máxima global será, como máximo, de 4,5.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para pasar a materia na segunda oportunidade, deberán presentarse os mesmos catro traballos, coas mesmas porcentaxes na nota global.

A exposición dunha tecnoloxía ou proxecto TIC innovador substitúese por un traballo escrito.

Os traballos aprobados na primeira oportunidade quedan liberados e, polo tanto, só se deben entregar os que non se superaron.

Se na primeira oportunidade se obtivo entre un 4 e 4.9 nunha práctica, pode optar por entregar unha nova versión da práctica ou non. Se se entrega unha nova versión, a nota que se terá en conta será a da nova versión.
100
 
Observacións avaliación

Un estudante considérase NON PRESENTADO se non entrega ningunha das prácticas.


FRAUDE ACADÉMICO

A
comisión de fraude académico será penalizada de acordo co establecido
nas "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS
ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO"  e no "REGULAMENTO DISCIPLINAR
DO ESTUDANTADO" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes