Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  O proceso de investigación en turismo: tipos, estrutura e fases
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A12 B1 B3 B5 B7 B8 B10 B11 B12 C3 C5 C7 C6 C8 O portafolio inclúe: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizado polo profesor, etc. As instruccións estarán recollidas no Moodle da materia. 10
Sesión maxistral A12 A8 A9 B1 B3 B7 B8 B10 B11 B12 C5 C7 Cada tema indicado nos contidos será explicado polo/a profesor/a nas clases. Dita explicación será acompañada de material didáctico que estará a disposición do alumnado no Moodle da materia. Valorarase o traballo desenvolvido na aula, sobre todo durante as sesións prácticas de análise de textos e artigos. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A8 A9 B3 B5 C3 C6 C8 C9 Consistirá en elixir por parte do estudante de forma autónoma un artigo de investigación sociolóxica sobre o turismo publicado nunha revista científica. Seguindo os pasos que se lle indicarán ao alumnado, que consistirán nas fases do proceso de investigación, teñen que facer un traballo no que analicen as fases do proceso de investigación que expón o artigo, e indicar ao mesmo tempo as deficiencias que detectan no escrito e as engadidos/correccións que eles farían de cada unha das fases. Ao longo do curso a/o profesor/a -seguindo as fontes de información indicadas-, tutelará
explicando con detalle cada unha das fases, con exemplos concretos de investigacións xa feitas e publicadas. Desta forma o alumnado terá orientación tutelada de cada unha das fases do traballo. Finalmente deberá realizar un esquema brevemente desenvolto dun posible traballo de investigación, cualitativo, cuantitativo ou mixto.
80
 
Observacións avaliación

1ª Oportunidade. A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. Todas as partes incluidas na metodoloxía teñen que ser superadas polo menos nun 50% para poder calcular o cómputo final. O alumnado que suspenda calquera das partes figurará en actas coa calificación obtida na parte suspensa ata que se poda facer o cómputo final na seguinte oportunidade unha vez superadas todas as partes.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de asistencia. Se lle poderán asignar actividades alternativas, tutorías específicas ou outras medidas que se consideren oportunas para non perxudicar a súa calificación.

2ª Oportunidade da 1ª Convocatoria e oportunidades de ulteriores convocatorias. Teranse que realizar os mesmos exercicios mencionados. O alumando deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10.

Calificación de Non Presentado (NP).  O alumnado que non se presente a ninguna das partes propostas na avaliación aparecerá como NP na acta. De presentarse a calqueira de elas, aparecerá como suspenso ata que na seguinte convocatoria presente ou supere a parte que lle falta para facer o cómputo final. Se pode dar o caso de que unha persoa suspenda alguna das partes pero que a suma co resto dé aprobado. Neste caso a nota será dun suspenso (o suspenso máis alto que aparezan suspensas) pois para facer o cómputo é preciso, como se sinalou anteriormente, que todas as probas sexan superadas nun 50%.

Implicacións de fraude académico na realización das probas ou actividades de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso na convocatoria na que se cometa a falta e respecto da materia na que se cometese. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes