Oral presentation |
Exposición oral a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Guest lecture / keynote speech |
Sesións expositivas complementadas con material auodiovisual que serán abertas e participativas e están deseñadas para explicar, desenvolver e comentar os contidos teóricos que presentan maior dificultade para comprender, incidir nos aspectos básicos e máis relevantes, actualizar convenientemente os contidos, aclarar dúbidas e complementar a información que os estudantes obteñen directamente das lecturas recomendadas. |
Supervised projects |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |