Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Subjects
  Identity, alterity. and intersectionality
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Nas sesións de aula e virtuais sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.

Anímase ao alumnado a incorporar algunhas das seguintes cuestións relativas á igualdade de xénero nos seus estudos e traballos:

a) A utilización dunha linguaxe inclusiva. 
b) A visibilización e a análise dos nesgos sexistas en recursos, medios e discursos etc.  
c) A adaptación da normativa APA para que figuren os nomes propios de autoras e autores, así como a procura da paridade na bibliografía.    
f) O estudo do papel das mulleres ao longo da historia e das súas achegas ao coñecemento no pasado e no presente.  
d) A visibilización de modelos de masculinidades non hexemónicas.  
e) A reflexión sobre os roles asociados a estereotipos de xénero e a organización da interacción na aula dun xeito inclusivo.  
g) A utilización de metodoloxías feministas (é dicir, que propicien a igualdade de xénero) baseadas na aprendizaxe colaborativa e na pedagoxía dos coidados. 
h) Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
i) A consulta a páxinas web, organizacións e documentos chave como estes:
-O proxecto Rompendo Regras, da Facultade de Ciencias da Educación (UDC): https://rompendoregras.wordpress.com/
-La Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da UDC: https://www.udc.es/es/oficinaigualdade/

Tamén se recomenda que o alumnado incorpore algunhas das seguintes cuestións relativas á sustentabilidade ambiental nos seus estudos e traballos:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: De se realizar en papel: Non se empregarán plásticos; realizaranse impresións a dobre cara; empregarase papel reciclado; evitarase a impresión de borradores.  
2.- Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.  

Por outra banda, débese facilitar a plena inclusión e integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes