Teaching GuideTerm Faculty of Sociology |
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia) |
Subjects |
Participatory action research, community action and management of social organizations |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Participatory action research, community action and management of social organizations | Code | 615525010d | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Directed discussion | Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción. En base á análise previa de fontes documentais e/ou ao desenvolvemento de fases do traballo de investigación, promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas. Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar. A discusión dirixida para a modalidade online desenvolverase a través de foros no Campus Virtual. |
Research (Research project) | Traballo de investigación grupal que consiste no deseño e desenvolvemento dun proxecto de investigación-acción participativa (IAP) que parta da identificación dunha necesidade compartida polo grupo, co obxecto de mellorar a comprensión desa problemática e a propia realidade social implicando á comunidade. Desta forma, o estudantado convértese en suxeitos de investigación e fonte de información. Seguindo a metodoloxía da IAP os grupos realizarán as tres primeiras fases do proceso: deseño da proposta, informe diagnóstico inicial e planificación da devolución creativa e da elaboración participada do proxecto de acción. No desenvolvemento do traballo haberá que entregar informes de seguimento que poderán ser obxecto de traballo na aula ou en sesións de titorías. |
Guest lecture / keynote speech | Destinada á exposición oral por parte da docente responsable na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento. Para o alumnado da modalidade online gravaranse os contidos en vídeos educativos. |
Document analysis | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico, como instrumento na discusión dirixida, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas, etc. O dossier de lecturas obrigatorias e para afondar, estará dixitalizado e accesible no Moodle. |
|