Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia)
 Subjects
  Participatory action research, community action and management of social organizations
   Methodologies
Methodologies Description
Directed discussion Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción.
En base á análise previa de fontes documentais e/ou ao desenvolvemento de fases do traballo de investigación, promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas.
Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar.
A discusión dirixida para a modalidade online desenvolverase a través de foros no Campus Virtual.
Research (Research project) Traballo de investigación grupal que consiste no deseño e desenvolvemento dun proxecto de investigación-acción participativa (IAP) que parta da identificación dunha necesidade compartida polo grupo, co obxecto de mellorar a comprensión desa problemática e a propia realidade social implicando á comunidade. Desta forma, o estudantado convértese en suxeitos de investigación e fonte de información. Seguindo a metodoloxía da IAP os grupos realizarán as tres primeiras fases do proceso: deseño da proposta, informe diagnóstico inicial e planificación da devolución creativa e da elaboración participada do proxecto de acción.
No desenvolvemento do traballo haberá que entregar informes de seguimento que poderán ser obxecto de traballo na aula ou en sesións de titorías.
Guest lecture / keynote speech Destinada á exposición oral por parte da docente responsable na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento. Para o alumnado da modalidade online gravaranse os contidos en vídeos educativos.
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico, como instrumento na discusión dirixida, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas, etc.
O dossier de lecturas obrigatorias e para afondar, estará dixitalizado e accesible no Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes