Workbook |
Son un conxunto de textos e documentación escrita relacionada coa materia obxeto de estudo que se recolleron e editaron como fonte de estudo e profundización nos contidos traballados. |
Long answer / essay questions |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Seminar |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos sobre un tema obxeto de estudo da materia e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes e as do seminario. Consistirá nunha presentación oral sobre dun tema específico obxeto de estudo da materia. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un ou unha docente en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Nestas sesións se traballará o tema inicialmente, para poder profundizar no mesmo a través das lecturas. |
Collaborative learning |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo, na procura da aplicación da teoría á praxe, mediante o traballo de situacións relacionadas co exercicio profesional. |