Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia)
 Subjects
  Socio-educational intervention with older people
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A22 A23 A24 A25 A26 B2 B3 B4 B6 B7 B14 B20 B21 C1 C3 C4 C5 C7 Avaliarase globalmente a participación e contribución individual ao traballo desenvolvido na materia, adquirindo especial relevancia a análise dunha experiencia innovadora de intervención socioeducativa con persoas maiores. 45
Student portfolio A23 A24 B2 B3 B4 B17 B19 B21 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Deberá entregarse un cartafol no que se recolla unha descrición e reflexión crítica sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe vivido ao longo da materia (análise das actividades realizadas con cada docente, das experiencias analizadas, da documentación, lecturas e materiais didácticos empregados, etc.), sempre cun carácter eminentemente procesual. 55
 
Assessment comments

** De incorrerse en plaxio nalgunha
das probas ou actividades de avaliación, as implicacións serán as establecidas
na normativa vixente, isto é "cualificación de suspenso na convocatoria en
que se cometa a falta: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario".

1.- A entrega dos traballos documentais
que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou
soporte informático.

1.2. Realizarase a través do Campus Virtual,
en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos
recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia
dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...).

5.- Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación
por razón de xénero
 e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do
alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.

8. A docente responsable resérvase a
posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros
aspectos que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

9.- Nas clases sosterase o principio de debate
democrático
, escoitando e respectando todas as opinións diversas en torno
aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes