Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Taller de actualización e transferencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B6 B10 B19 C2 C4 C5 C8 C9 O proxecto de investigación contará co groso da puntuación da materia.
Valorarase a descrición clara do problema obxecto de estudio, a escolla adecuada das técnicas de análisis, a exposición ordenada dos resultados e as conclusión pertinentes e oportunas.
90
Presentación oral B6 B9 B15 B19 B21 C1 C3 C4 C5 A presentación dos traballos, no formato que se defina, dará como resultado unha puntuación complementaria da materia. No inicio da materia decidirase o formato da presentación dos traballos, de manera consensuada co alumnado. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia "Deseño de
proxectos e traballos de investigación" será conxunta coa materia de
"Taller de actualización e transferencia". Só será preciso entregar
un traballo conxunto para ambas materias. 

É condición indispensable para superar a
materia, obter como mínimo no traballo de investigación, a metade da máxima
cualificación outorgable (5 de 10).

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos
cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.
O plaxio no traballo
individual, unha vez comprobado, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente.

Recomendacións/criterios sobre a avaliación: 


1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes