Traballos tutelados |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.
Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
|
60 |
Obradoiro |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
Os obradoiros consisten na realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas.
Para o alumnado presencial, as actividades e o acompañamento das mesmas por parte das profesoras desenvolveranse na aula.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as actividades realizaranse de forma individual e deberán ser entregadas por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) seguindo o calendario marcado polas profesoras. |
30 |