Temas |
Subtemas |
Tema 1º: Unha sistemática da antropoloxía social e cultural contemporánea |
DO TEMA 1º: Emerxencia de novos campos e fenómenos de investigación, e reconsideracións dos clásicos; Métodos e técnicas na antropoloxía contemporánea. Reflexividade, interpretación e reconfiguración do traballo de campo. |
TEMA 2º: Antropoloxía económica e economía cultural. Culturas do traballo. |
DO TEMA 2º: A economía e as economías como dimensións da cultura. Teorías clásicas (formalismo, sustantivismo, enfoques marxistas). A economía cultural.; O intercambio. Teoría sobre o don de Mauss e debates posteriores. A mercadoría -Arjun Appadurai-. A produción. Sistemas de produción, modos de produción e correlatos socioculturais.; O traballo en perspectiva antropolóxica: dimensións simbólico-rituais do traballo e a actividade, e diversidade de perspectivas culturais en torno a este. As culturas do traballo. |
TEMA 3º: A familia e o seu proceso de cambio. Modelos de convivencia familiar dende a comparación intercultural. A actualidade dos estudos de parentesco |
DO TEMA 3º: Teorías clásicas sobre o parentesco, a familia e o matrimonio; Familia e grupo doméstico; Os tipos de agrupación familiar e os procesos familiares contemporáneos en perspectiva cultural comparada; A actualidade dos estudos de parentesco. |
TEMA 4º: Antropoloxía política. Poder, violencia e simbolismo político. |
DO TEMA 4º: Estruturas e sistemas políticos nas diferentes sociedades: Liñaxes segmentarias, bandas, xefaturas, big men, asociacións e sociedades, sistemas de grupos de idade, monarquías divinas, formacións estatales.Clientelismo. Os ámbitos de poder. O poder como discurso hexemónico incorporado. Colectivos "mudos" e "apoderamento". Nacionalismos e políticas de etnicidade. Vectores recorrentes na antropoloxía política: liderado, memoria, xerarquía, violencia. Análise da dimensión simbólico-ritual da acción política. |
TEMA 5º: Asociacións, categorías e xerarquías sociais |
DO TEMA 5º: Xénero e idade. O privado e o público. Dominio e subordinación. Graos de idade e grupos de idade. Castas: varnas e jatis. As castas e a mobilidade social. Clases e estratos sociais. Clases culturais. O "capital simbólico" en Bourdieu. A complexidade na diferenciación social. O poder e os sen poder. Métodos de estudo da estratificación social. |
TEMA 6º: Ritual, mito e simbolismo. Análises e interpretación antropolóxicas da acción simbólica e a narratividade |
DO TEMA 6º: A análise simbólica en antropoloxía. Antecedentes clásicos -simbolismo, relixión e sacrificio, totemismo-. Metodoloxía de Turner. A "Thick Description" de Geertz. Schneider, Leach, Mary Douglas e os "símbolos naturais", Cohen, Sperber. O mito, a historia e as narrativas na produción da realidade social cultural. Sahlins. A análise estrutural do mito e a hermenéutica cultural -Lisón-. O ritual como acción performativa: as súas propiedades e efectos. Van Gennep, de novo Turner, Rappaport. |
TEMA 7º: Representacións, crenzas e estilos de pensamento |
DO TEMA 7º: Relixión, crenza e pensamento en Antropoloxía: Enfoques intelectualistas de Tylor, Marett, Frazer e Lang. Enfoques sociologistas de Robertson-Smith, Durkheim e Radcliffe-Brown. Morris. O pensamento prelóxico segundo Lévy-Bruhl. A tradución interpretativa das crenzas e o debate da racionalidade das formas de pensamento: Evans-Pritchard e Lienhardt. A réplica de Winch. Needham: crenza, linguaxe e experiencia. De pensamentos salvaxes, pensamentos civilizados, bricoleurs e enxeñeiros: o enfoque estrutural de Lévi-Strauss. Clasificacións simbólicas e estilos de pensamento: Mary Douglas e o método de « Group & Grid ». O problema da práctica. Estrutura e práctica, habitus esquemas culturais e paradigmas-raíces: de Bourdieu a Sherry Ortner pasando por Turner, Giddens e Sahlins, |
TEMA 8º: Outros campos de análises antropolóxicas contemporáneas |
DO TEMA 8º: A nova Antropoloxía médica; risco e cultura; Antropoloxía e tecnoloxías emerxentes; Antropoloxía do deporte; Antropoloxía, cerebro, mente e conciencia. |