Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Sistemas políticos comparados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A24 B3 Trátase de dúas probas que os alumnos deberán realizar por escrito, en relación aos contidos do temario da materia. 60
Proba práctica A15 A17 B1 B5 B12 B17 C3 C4 Trátase de dúas probas prácticas nas que os/as estudantes apliquen as competencias adquiridas na análise de materiais de contido político comparado. 40
 
Observacións avaliación

1º) OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO COMPLETO. 

CUESTIÓNS XERAIS. 

A utilización dos créditos ECTS como unidade de medida académica, implica a avaliación continua dos/as estudantes a través dun seguimento do seu aproveitamento das clases, tanto teóricas como prácticas, así como a valoración do nivel de coñecementos e competencias adquiridos. En consecuencia, a nota final de cada estudante estará composta polos seguintes elementos:

A) Presentación de traballos: 40%. Os/ as estudantes unicamente deberán entregar as dúas prácticas sinaladas para ese efecto no Programa de Exercicios, que son as que serán sometidas a avaliación, e nelas valorarase a adquisición das competencias tipo B. As profesoras resérvanse a posibilidade de non avaliar os traballos que non se axusten ás esixencias formais requiridas no Plan de Traballo da materia (índice, apartados, identificación do traballo, etc.).

B) Probas escritas de avaliación: 60%. Nestas probas valorarase o nivel de coñecementos sobre a materia (competencias tipo A) adquirido polo/a estudante ao longo do curso. O tipo de probas será explicado na aula polas profesoras coa antelación suficiente.

As puntuacións correspondentes a cada un destes elementos sumarase, tanto na convocatoria de 1ª como de 2ª oportunidade, sempre e cando a nota mínima de cada unha das probas escritas de avaliación (probas obxectivas) sexa igual ou superior a 1,5.

INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS. 

 1º) As prácticas avaliables deben entregarse na clase ou online o día sinalado no Plan de Traballo. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas. En calquera caso, Os TRABALLOS DEBEN ESTAR ENTREGADOS ANTES DA CELEBRACIÓN DA PROBA ESCRITA DA CONVOCATORIA DE 1ª OPORTUNIDADE e, por tanto, NON SE PODEN ENTREGAR TRABALLOS NA CONVOCATORIA DE 2º OPORTUNIDADE. Se un/a estudante só se presenta á convocatoria de 2ª oportunidade e quere que os seus traballos sexan avaliados, debe presentalos atendendo ás instrucións anteriores.

2º) Non se poden repetir os traballos entre as convocatorias de 1ª e 2ª oportunidade do mesmo curso académico. Só se o/a estudante non supera a materia en ningunha das convocatorias dun mesmo curso académico, terá a oportunidade de repetir os traballos e entregalos nos prazos establecidos para o seguinte ou seguintes cursos.

3º) Nesta materia non se contempla a celebración de probas extra ou a entrega de traballos adicionais para subir nota.

Advertencia sobre o plaxio. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta
e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.

 

2º) OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO PARCIAL.

Para aqueles/ as estudantes acollidos á situación de recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña"), observaranse as seguintes normas de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade: 

 1º) Realización do exame oficial na primeira ou segunda oportunidade. A materia do devandito exame é a mesma e prepárase cos mesmos

Manuais que no caso do resto de estudantes. O seu valor sobre a nota final será dun 70%. 

 2º) Presentación dun traballo nas datas establecidas para os exames da primeira ou segunda oportunidade. Devandito traballo versará sobre un asunto relacionado coa temática da materia que se acordará coas profesoras na primeira titoría realizada para ese efecto. O seu valor sobre a nota final será dun 30%. O/a estudante que entregue o seu traballo na convocatoria de exame da primeira oportunidade non poderá repetilo en caso de ter que presentarse de novo ao exame na segunda, pero a cualificación quedará gardada. Non se poderá superar a materia sen presentar o traballo obrigatorio. 

 3º) Para acollerse a esta modalidade de avaliación, é condición sine qua non que os/ as estudantes nesta situación SE POÑAN EN CONTACTO COAS PROFESORAS DA MATERIA DURANTE AS TRES PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE. Este requirimento ten o obxecto de planificar e acomodar o seguimento da materia de forma individualizada e en función das circunstancias de cada estudante. Por tanto, non se admitirá que un/a estudante recorra a esta modalidade de avaliación unha vez superado devandito prazo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes