A Sociología do Xénero aporta un marco de interpretación da realidade social da que carecen outras materias, dado que a variable xénero identifica fenómenos sociais específicos que son imposibles de identificar dende outros marcos interpretativos da realidade.
Doutra banda, se está a abrir un novo espacio no mercado laboral que demanda técnicos e técnicas de igualdade, axentes de igualdade, etc. para os que a formación nesta materia é imprescindible.
Obxectivos específicos:
1. Lograr un marco cronolóxico que permita entender os estudos de xénero e o movemento feminista dende o inicio da modernidade (século XVIII) ata a actualidade (século XXI)
2. Analizar as aportacións conceptuais dos estudos de xénero e da teoría feminista e identificar os cambios producidos nas ciencias sociais cando as mulleres se convertiron en obxectos e suxeitos da investigación social.
3. Explicar que os efectos prácticos deste debate académico e da actividade política do movemento feminista se teñen traducido na creación e aplicación de políticas públicas de igualdade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías