Aos efectos da
avaliación na materia, distinguirase entre os alumnos en avaliación continua e
alumnos en avaliación non continua.
Os alumnos en
avaliación continua deberán entregar una ficha cos seus datos antes da data
indicada. De non ser así, entenderase que optaron pola avaliación non continua.
A avaliación do
esforzo dos alumnos na avaliación continua baseárase nun sistema de puntos que
terán que acumular ao longo do cuadrimestre. O número máximo de puntos que
poden obter os alumnos será de 100 (30 puntos nas prácticas, 20 no traballo e
50 na proba mixta). A súa nota final dependerá directamente do número de puntos
que acumulen. Os alumnos na avaliación continua superará a materia cando
cumpran todas e cada unha das tres condicións seguintes: (1) asistir a lo menos
ao 75% das clases nas que a asistencia sexa controlada; (2) acumular 50 puntos
ou máis e (3) obter en cada unha das probas, a lo menos, un terzo dos puntos en
xogo (10 nas prácticas, 7 no traballo e 17 na proba mista).
Os estudantes na
avaliación non continua só deberán realizar o exame da convocatoria oficial en
xuño. Nesta convocatoria deberán obter polo menos 50 puntos para aprobar, tendo
en conta que a parte teórica do exame outorgará como máximo 50 puntos e a parte
práctica outorgará un máximo de 25 puntos.
Na oportunidade de
xullo, non se fará distinción entre os alumnos na avaliación continua ou non
continua. Non se gardarán as cualificacións de ningunha das prácticas,
traballos ou exame de convocatorias anteriores. Nesta convocatoria os alumnos deberán
obter polo menos 50 puntos para aprobar, tendo en conta que a parte teórica do
exame outorgará como máximo 50 puntos e a parte práctica outorgará un máximo de
25 puntos.
O profesor
resérvase o dereito de introducir modificacións ao longo do curso, sempre que
non contradigan ningunha das indicacións aquí contidas.
Respecto da avaliación
continua e non continua tanto na oportunidade de xuño como de xullo, así como a
dispensa académica actuárase segundo a lexislación vixente.