Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise multivariante de datos sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A7 A26 B6 B21 A proba mixta consistirá na realización un examen ao longo do cuadrimestre acerca das lecturas básicas da materia.
Todos aqueles alumnos que non desexen ser avaliados a través da avaliación continua poderán presentarse aos exames das convocatorias oficiais. Ese exame constará dunha parte teórica e outra práctica.
50
Prácticas a través de TIC A5 A7 A14 A16 B3 B6 B7 B27 C1 C3 Ao longo do curso realizaranse prácticas na aula que implicarán a aplicación a casos prácticos concretos da técnica de investigación que se vaia abordando en cada momento. Os alumnos deberán acreditar a súa asistencia a, polo menos, o 75% das prácticas. 30
Traballos tutelados A5 A7 A14 A15 A16 A26 B3 B4 B5 B6 B12 B27 C1 O traballo tutelado de curso consistirá na realización dun traballo de investigación con datos secundarios desde principio a fin. Deste xeito, os alumnos deberán abordar o manexo de programas informáticos de tratamento de datos, a análise dos resultados e a elaboración do informe de investigación. Tratarase de fomentar o traballo en equipo, polo que o traballo de curso realizarase en grupos de non máis de tres alumnos. 20
 
Observacións avaliación

Aos efectos da
avaliación na materia, distinguirase entre os alumnos en avaliación continua e
alumnos en avaliación non continua.

Os alumnos en
avaliación continua deberán entregar una ficha cos seus datos antes da data
indicada. De non ser así, entenderase que optaron pola avaliación non continua.

A avaliación do
esforzo dos alumnos na avaliación continua baseárase nun sistema de puntos que
terán que acumular ao longo do cuadrimestre. O número máximo de puntos que
poden obter os alumnos será de 100 (30 puntos nas prácticas, 20 no traballo e
50 na proba mixta). A súa nota final dependerá directamente do número de puntos
que acumulen. Os alumnos na avaliación continua superará a materia cando
cumpran todas e cada unha das tres condicións seguintes: (1) asistir a lo menos
ao 75% das clases nas que a asistencia sexa controlada; (2) acumular 50 puntos
ou máis e (3) obter en cada unha das probas, a lo menos, un terzo dos puntos en
xogo (10 nas prácticas, 7 no traballo e 17 na proba mista).

Os estudantes na
avaliación non continua só deberán realizar o exame da convocatoria oficial en
xuño. Nesta convocatoria deberán obter polo menos 50 puntos para aprobar, tendo
en conta que a parte teórica do exame outorgará como máximo 50 puntos e a parte
práctica outorgará un máximo de 25 puntos.

Na oportunidade de
xullo, non se fará distinción entre os alumnos na avaliación continua ou non
continua. Non se gardarán as cualificacións de ningunha das prácticas,
traballos ou exame de convocatorias anteriores. Nesta convocatoria os alumnos deberán
obter polo menos 50 puntos para aprobar, tendo en conta que a parte teórica do
exame outorgará como máximo 50 puntos e a parte práctica outorgará un máximo de
25 puntos.

O profesor
resérvase o dereito de introducir modificacións ao longo do curso, sempre que
non contradigan ningunha das indicacións aquí contidas.

Respecto da avaliación
continua e non continua tanto na oportunidade de xuño como de xullo, así como a
dispensa académica actuárase segundo a lexislación vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes