Traballos tutelados |
Realización dun traballo en grupo de carácter empírico relacionado coa temática da materia, que consistirá no deseño dun proxecto de investigación de mercados.
Formaranse grupos de traballo dun máximo de 4 persoas, a proposta dos/as alumnos/as.
Nas sesións interactivas, os/as profesores/as explicarán a estrutura do traballo, fases e resolverán dúbidas. Esta información tamén estará dispoñible no Moodle da materia.
O traballo final, será entregado a través de Moodle, nas datas marcadas polos/as profesores/as.
Non se corrixirá ningún proxecto entregado fora de prazo. E corrixiranse unha vez polos/as profesores/as, e dicir non haberá segunda corrección.
|
Discusión dirixida |
As sesións teóricas de cada tema complementaranse coa lectura dun texto (artigo ou capítulo de libro) ou coa visualización de contidos audiovisuais por parte do alumnado para favorecer a discusión e o debate dirixido sobre o tema a tratar. Deste xeito, foméntase a participación oral do alumnado, axudándolle a saber ordenar e sintetizar as súas ideas nun clima de respecto mutuo polas opinións e argumentos do resto do grupo. |