Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Análise de políticas públicas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Análise de políticas públicas | Código | 615G01401 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A24 | Trátase dunha proba na que os alumnos haberán de responder por escrito unha serie de preguntas relacionadas cos contidos do temario da materia. | 60 |
Sesión maxistral | A24 | Neste caso trátase de valorar a asistencia regular dos estudantes ás clases. | 10 |
Traballos tutelados | A17 A18 A32 B5 B21 B24 C4 | Cada estudante o grupo de estudantes deberán presentar por escrito ao final do período lectivo da materia un breve traballo de investigación que conteña os resultados da análise da política pública seleccionada. | 30 |
Observacións avaliación | |||
OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO COMPLETO Aviso sobre o plaxio: a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará la cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO PARCIAL Para aqueles estudantes acollidos á situación de recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña"), observaranse as seguintes normas de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade: 1º)Realización do exame oficial na primeira ou segunda oportunidade. A materia do devandito exame é a mesma e prepárase co mesmo Manual que no caso do resto de estudantes. O seu valor sobre a nota final será dun 70%. 2º)Presentación dun traballo nas datas establecidas para os exames da primeira ou segunda oportunidade. O devandito traballo versará sobre un asunto relacionado coa temática da materia que se acordará coa profesora na primeira titoría realizada para ese efecto. O seu valor sobre a nota final será dun 30%. O estudante que entregue o seu traballo na convocatoria de exame da primeira oportunidade non poderá repetilo en caso de ter que presentarse de novo ao exame na segunda, pero a cualificación quedará gardada. Non se poderá superar a materia sen presentar o traballo obrigatorio. 3º)Para acollerse a esta modalidade de avaliación, é condición sine qua non que os estudantes nesta situación PÓÑANSE EN CONTACTO COA PROFESORA DA MATERIA DURANTE AS TRES PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE. Este requirimento ten o obxecto de planificar e acomodar o seguimento da materia de forma individualizada e en función das circunstancias de cada estudante. Por tanto, non se admitirá que un estudante recorra a esta modalidade de avaliación unha vez superado o devandito prazo. |
|