Recomendacións: 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia será a través de Moodle: 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, de acordo aos principios de sustentabilidade ambiental. 3.-
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sustenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...) 5.- Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e racistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas 7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un
acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria |