Para superar a materia é obrigatorio:
- Acadar puntos nas 4 partes:
- Avaliacións das prácticas
- Proba obxectiva da materia teórica
- Calidade do traballo tutelado
- Presentación do traballo.
Para superar a materia é obrigatorio tras calcular e sumar as porcentaxes de cada parte, obter un mínimo de 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Tanto para a primeira como a segunda oportunidade os criterios base serán os mesmos.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
NOTA: As datas oficiais de exame non poderán ser modificadas en ningún caso (salvo modificación aprobada na Xunta de Facultade).
ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia.