Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Corporate Communication
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A7 A8 A9 A10 A12 B9 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 Os contidos teóricos e teórico-prácticos serán avaliados por medio dunha proba escrita. Hai que superar asimesmo a parte práctica da materia. 40
Workshop A1 A2 A3 A7 A8 A9 A10 Avaliarase o resultado, así como o proceso de planificación e desenvolvemento dos traballos. A metodoloxía de Aprendizaxe-servizo inclúese nesta avaliación. 60
 
Assessment comments

Requírese superar tanto a parte práctica como a proba escrita da materia. Requírese asistencia. Non se admiten faltas de ortografía, nin en traballos nin no exame. 

Mantéñense os criterios para a convocatoria de xullo.

Aqueles estudantes que non completaron o proceso de avaliación continua e/ou que non se presentaran ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames. Nesta convocatoria a profesora fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de exención de asistencia, os criterios, actividades e o peso que terán na avaliación serán o mesmo para as dúas oportunidades.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes