Guest lecture / keynote speech |
Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual para a súa consulta antes das clases.
Nas sesións maxistrais realizaranse microprobas tipo test, para determinar coñecementos e erros frecuentes na comprensión do material teórico, actividades orientadas a reforzar e facilitar a comprensión da materia, así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos clave da materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa. |
Case study |
Análise individual dun produto sonoro seguindo un enfoque relacionado cos contidos da materia. Dita análise entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) seguindo as normas previamente sinaladas pola docente. Ademáis de avaliar a análise terase en conta a calidade da gravación e edición de son.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
|
Supervised projects |
Ideación e planificación en grupo dun proxecto sonoro de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción integra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto. |
Oral presentation |
Presentacións do proxecto sonoro en diversas fases. Estas presentacións desenvolveranse ao comezo da actividade, na fase de ideación, e -a lo menos- nunha das fases finais de produción do contido. |