Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A11 A12 B1 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C3 |
Traballo individual consistente no deseño, creación, modelado, preparación do personaxe para animación (setup) e animación corporal e facial do mesmo.
O traballo requerirá a entrega de todos os documentos solicitados e deberá cumprir as condicións e criterios esixidos para que o traballo sexa avaliable.
Todas as partes do traballo deberán ter un nivel mínimo de calidade, en caso contrario o traballo considerarase como suspenso e será calificado cun 3.
O traballo deberá entregarse antes do día e hora do exame da asignatura e seguindo as pautas de entrega indicadas no Moodle da asignatura.
No traballo se deberá obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 para aprobar a asignatura. |
100 |
|
Observacións avaliación |
- Para aprobar a materia na PRIMEIRA CONVOCATORIA: entregarase o traballo tutelado a través da plataforma Moodle segundo os requirimentos indicados polo profesor. Para aprobar a materia é necesario que o traballo tutelado obteña unha cualificación superior ao 50%.
- Para aprobar a materia na SEGUNDA CONVOCATORIA: entregaranse o traballo tutelado a través da plataforma Moodle segundo os requirimentos indicados polo profesor.
- Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia) será o mesmo que para o resto do alumnado.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|