Para aprobar a materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. Esta nota mínima será de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos. En caso de non chegar á nota mínima nalgunha das partes, a máxima nota global que se poderá acadar é dun 4.5.
O alumnado que non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación obterá a condición de "Non presentado".
Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.