Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Comunicación |
Grao en Comunicación Audiovisual |
Asignaturas |
Prácticas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas | Código | 616G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B8 B9 C1 C2 C3 C4 | O/a titor/a profesional da empresa elaborará un informe final, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica de ítems incluídos no modelo que se lle facilitará. A nota da estadía de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos. |
80 |
Portafolios do alumno | A4 A8 A9 B3 B4 B6 | Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais. Este documento seguirá o modelo establecido e publicado no Campus Virtual -extensión mínima, estrutura...- coas adaptacións precisas para cada caso concreto. Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia (por exemplo accións de formación e orientación laboral). Esta memoria será avaliada polo/a titor/a académico/a ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura, contido e extensión, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortográfica. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes: "Portafolio do alumno" e "Traballos tutelados". No caso contrario só se podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda oportunidade (entrega na data oficial de exame en setembro). Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria ata a data oficial de exame (esta incluída). De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade. Debido ás características desta materia non se establecen sistemas de avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa entidade de prácticas, podería terse en conta ditas particularidades na elaboración do Plano Formativo. O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso cunha calificación numérica de "0" nos "Traballos tutelados" e -por tanto- na materia. No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión Académica valorar a situación coa documentación pertinente aportada polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización (entidade-facultade). A elaboración da memoria-portafolio esixe ao estudante a reflexión crítica respecto da súa experiencia durante a estadía de prácticas, relacionándoa coa súa formación académica. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, Mencións. No caso de que o/a estudante opte por cursar unha das mencións de grao, e complementar os créditos das asignaturas asociadas a dita mención cos créditos da materia Prácticas, o proxecto formativo das prácticas deberá estar aliñado coas competencias adquiridas na mención elexida. |
|