Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Sesión maxistral |
Sesións expositivas nas que se explicarán os aspectos principais dos bloques temáticos que comprende a materia.
Os materiais necesarios para estudar a materia poñeranse ao dispor dos estudantes. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Exposición oral con apoio audiovisual, a cargo dunha experta en activo relacionada coa igualdad de género e diversidade. Os alumnos poderán resolver as súas dúbidas por medio de preguntas. O taller completarase cunha parte práctica na que a experta desenvolverá ou mostrará exemplos prácticos.
Se non fose posible a presenza dun relator, realizarase unha práctica avaliable relacionada coa axenda 20-30, os Dereitos Humanos, etc. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |