O/a alumno/a que non siga activamente o curso sen motivo xustificado recibirá a cualificación de Non Presentado como calificación en ambas as oportunidades da convocatoria. O seguemento e a participación activa consiste nunha asistencia a máis do 80% das sesións e a entrega do 100% das prácticas (o/a estudante terá polo menos dúas oportunidades para entregar prácticas durante o curso, agás a entrega final).
Dispensa académica (exención de asistencia). Aqueles alumnos que teñan unha exención académica deberán dirixirse ao profesorado para establecer o método de seguemento da materia e a elaboración dos traballos para superar a materia en primeira convocatoria.
Cláusula de fraude académica. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de 0 (SUSPENSO) na materia da convocatoria correspondente, quedando invalidada o resto das cualificacións obtidas.
Avaliación de primeira oportunidade
Cada alumno deberá asistir activamente ao 80% das clases teóricas e prácticas. Para optar á avaliación na primeira oportunidade, todas as prácticas deben entregarse en tempo e forma, para favorecer o seguemento continuo da materia mediante feedback semanal colectivo ou individual.
Avaliación de segunda oportunidade
O alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade deberá acudir á convocatoria de segunda oportunidade para optar á cualificación positiva da materia. En todo caso, o/a estudante poderá entregar as prácticas suspensas durante a primeira oportunidade e será avaliado mediante unha proba de natureza gráfico-teórica presencial na que deberá obter unha nota de 5 sobre 10 ou superior. Nesta convocatoria o 80% da calificación será o portfolio consistente en tódalas prácticas e a proba obxectiva sustituirá o 20% restante da cualificación.