Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostida: 1. A entrega dos traballos documentais que se
realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual
e/ou soporte informático. 1.2.
Realizarase a través
de Moodle, en
formato dixital sen
necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: Non se empregarán
plásticos. Realizaranse impresións a dobre
cara. Empregarase papel
reciclado. Evitarase a impresión de
borradores. 2. Débese facer
un uso sostible
dos recursos e
a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural. 3. Débese ter en conta a importancia
dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Segundo se recolle
nas distintas normativas
de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar
a perspectiva de
xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas…). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse
accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena
integración do alumnado
que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades
a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |