A avaliación do apartado de solución de problemas consistirá na elaboración e desenvolvemento de 3 supostos prácticos. No primeiro deles os/-as estudantes deberán facer unha anális descriptiva dunha base de datos. No segundo dos supostos o alumnado deberá resolver diferentes tarefas relacionadas cos fundamentos da inferencia estatística así coma un análisi de asociación entre variables cuantitativas. A tercera das tarefas conlevará a aplicación de diferentes probas tanto paramétricas coma non paramétricas. O primeiro suposto representa un 20% da calificación deste apartado, mentres que o segundo e terceiro suposto ponderan cada un, un 40% da calificación neste apartado.
A proba de resposta múltiple consitirá nun cuestionario tipo test, con 5 posibles alternativas das cales unha sóla será correcta. Restarase unha resposta correcta por cada 4 incorrectas
A materia será superado cando a suma das calificación ponderadas dos dos apartados sexa igual ou superior a 5 nunha escala 0-10.
Os diferentes apartados superados serán conservados en oportunidades sucesivas.
Todo o anteriormente exposto é de aplicación tanto para alumnos con matrícula a tempo completo como a tempo parcial.
A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación
implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta
e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica
calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame
ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha
materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de
convivencia universitaria; art. 11, apdo g).